Entrega de premio na sede do Centro Comercial Aberto

Só temos palabras de agradecemento para estas boas xentes do Centro Comercial Aberto que colaboran cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega na defensa da cultura e da lingua. Onte recibimos os premios aos mellores traballos e sorteamos o bono de 100 euros para o gañador ou gañadora da xincana. Estamos de parabéns!

Máis información aquí:

https://www.osil.info/entrega-de-premios-da-campana-na-procura-de-maria-victoria-moreno-no-barco/

Advertisements

Na procura de María Vitoria Moreno

Aquí estamos, un ano máis presentando na sede do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras unha campaña conxunta para festexar o día das Letras Galegas. Estamos moi felices, colaboramos todos os centros de ensino (públicos e concertado) e queremos encher os establecementos coas cores do pop art e imaxes de María Victoria Moreno.

Particpade na xincana e gañade un premio de cen euros.

Toda a información aquí:

https://www.osil.info/o-cca-e-os-seis-centros-de-ensino-do-barco-unense-na-campana-das-letras-galegas/